lunes, 29 de abril de 2013

Fase Final



E ti vas a perdelo!!!!!


Comunicamos que as plazas na categoría Alevín e Benxamín da Fase Final do 1,2 de Xuño están esgotadas. Recordar que na categoría PREBENXAMÍN , todavía quedan 4 plazas vacantes.

O plazo de inscricción rematará o vindeiro 19 de maio.

domingo, 24 de marzo de 2013

Vero Boquete, seguirá liderando a Copa Sálvora





Benvida de Vero Boquete:
"Xa está aquí, un ano máis, a Copa Sálvora está a piques de botar a andar e para min, volve a ser un placer formar parte dela e amadriñar o torneo.

Arredor de un milleiro de nenos e nenas galegas volverán a chegar a Ribeira coa misma ilusión e gañas de disfrutar con deporte e seguir adquirindo os valores que este transmite. Compañerismo, amistade, solidariedade, superación, sacrificio..

A Copa Sálvora volve a ser un referente deportivo, que na fase previa do 25 de maio e na fase final do 1-2 de xuño será o epicentro do futuros cracks galegos.

Anímovos a todos aqueles que disfrutades co fútbol base a que vos acerquedes a Ribeira a ser partícipes de este evento deportivo que acada a súa oitava edición. Ano a ano a Copa Sálvora estase a convertir na cuna de aqueles nen@s que comparten unha paixón: O Fútbol"
"

miércoles, 20 de marzo de 2013

Xa está en marcha a Edición 2013







Dende o 19 de marzo xa podedes inscribirvos na Edición 2013 da Copa Sálvora. As datas elexidas para este ano son os días 1-2 de Xuño a Fase Final e o 25 de maio a Fase Previa.

Xa sabes, non deixes pasar a ocasión e disfruta da Copa Sálvora.Para máis información consulta a web:

lunes, 4 de junio de 2012

Os novos campeóns








Logo dun fin de semana trepidante con máis de 24 horas de fútbol en estado máximo, na tarde do domingo decideuse quen sería o novo campeón  da Copa Sálvora 2012.

O C.D Boiro na categoría alevín, sería o flamante campeón. O clube boirista amosouse superior a todos os seus rivais, agás na final contra o Vila de Corpus, donde o equipo de Ponteareas non llo pondría fácil, ao remate do tempo reglamentario o equipo boirista gañou por 3-2. 

Na categoría Benxamín a S.D Abanqueiro gañaría nun partido moi disputado ao Sálvora C.F. O equipo franximarelo se adiantaría no marcador mediante Jaime, logo dunha boa xogada e espectacular definición. Empataría o Abanqueiro mediante un maxistral lanzamento de libre directo. Xa na segunda parte o equipo azulón adiantaríase no marcador, con outro golpe de castigo que subiría o definitivo 2-1 ao marcador final.

Na menor das categorías, o Cordeiro C.F levaríase o campeonato por 2-4 fronte o Vila de Corpus, nunha final con moitas oportunidades para ambos conxuntos e donde gañou aquel que estivo máis acertado cara o gol.

No apartado de premios individuais, destacar que o trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro levaríao Sergio Rey do Sálvora na categoría Prebenxamín, Lois Romero na categoría Benxamín e David Bonenfat do Boiro.

Como máximos goleadores Alejandro Comparada do Cordeiro con 19 goles, Jesús Ares con 8 goles en Benxamíns e Nicolás Rodríguez en Alevín.

Por último, o Trofeo Verónica Boquete á mellor xogadora feminina da Copa Sálvora, recaería en Inés Faro Gómez, xogadora Alevín do Vila de Corpus. Inés demostrou ao longo do torneo unha exquisita calidade técnica, un bo xogo no  colectivo e un gran liderazgo dentro do equipo.

¡¡¡Noraboa para os campeóns!!!!!!

martes, 29 de mayo de 2012

Fase Final, edición 2012





Xa están colgados na web os horarios da Fase Final 2012. Se recorda aos clubes que revisen a normativa para esta edición 2012 xa que sufreu algunhas modificacións conforme á edición anterior.

Recordar a todos que a Copa Sálvora de Fútbol Base é un torneo formativo e educativo, donde o importante é a interacción entre os rapaces chegados dende diferentes puntos da nosa xeografía, polo que pedimos que entre todos: 


¡¡¡FOMENTEMOS O DEPORTE LIMPO!!!!!

lunes, 28 de mayo de 2012

Fase Previa




O Maravillas e o S.D Cacheiras na categoría Benxamín. O Bertamiráns e Abanqueiro, son os catro equipos que pasaron á Fase Final da Copa Sálvora que se disputa o vindeiro 2-3 de Xuño.

 Noraboa aos equipos !!!!