viernes 10 de junio de 2011
martes 7 de junio de 2011
lunes 6 de junio de 2011
Balaídos, O Condado e C.D Boiro, novos campeóns
O Balaídos na categoría Prebenxamín, O Condado na categoría Benxamín e o C.D Boiro na Alevín foron os campeóns da edición 2011 da Copa Sálvora de Fútbol Base.
Na primeira das finais levaríase o campeonato o Balaídos derrotando ao Condado por 0-2 nun partido moi apaixonante donde tamén saldría o Trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro que recaería no porteiro do Condado Noé. Na mesma categoría o Trofeo ao Pichichi sería para o xogador do Balaídos Miguel Encisa.
Na categoría Benxamín a final enfrontaría ao Condado co Bertamiráns. O resultado final sería 1-1 e o campeonato caería para o equipo de Ponteareas na tanda de penalties. O pichichi foi para Ángel Muñiz do Bertamiráns e o mellor porteiro para Marcos Riobó do Condado.
Na categoría Alevín o Boiro impúxose na tanda de penalties, demostrando ser un equipo moi sólido, a un bo S.D Milladoiro que non lle perdeu a cara ao encontro en ningún momento . O resultado final sería de empate a 1-1, na tanda de penalties se decidiría logo dun erro dos de Ames . O pichichi da categoría foi para Carlos Silva do Boiro e o trofeo Alberto Villaverde para Anxo Fernández do S.D Milladoiro.
martes 31 de mayo de 2011
Horarios Fase Final

Xa temos os horarios da Fase Final.Deixo este enlace para que os poidades consultar.
Horarios Fase Final
A modo de recordatorio indicar que a Copa Sálvora é un torneo de caracter formativo polo que dende a organización pedimos que entre todos:
FOMENTEMOS O DEPORTE E O RESPETO AOS DEMAIS NO FÚTBOL
lunes 30 de mayo de 2011
Fase Previa Finalizada
Logo dun domingo moi intenso cunha infinidade de partidos, donde a igualdade entre equipos foi a tónica dominante xa temos os equipos clasificados para a Fase Final do vindeiro sábado e domingo.
Cabo de Cruz "B" e Bertamiráns C.F en benxamíns e Sporting Lampón e U.D Val do Ulla en Alevíns foron os equipos que se clasificaron para a Fase Final.
miércoles 25 de mayo de 2011
Menu Copa Sálvora
Volve o espectáculo, volve a Copa Sálvora
Poñemos a disposición de tódolos clubes a posibilidade de contratar a través da organización o Menú para o sábado do campeonato.
Adxunto un enlace donde vos indica como realizalo.
Menú Copa Sálvora 2011
lunes 23 de mayo de 2011
Grupos Fase Final
Este sábado realizouse a presentación e sorteo da Copa Sálvora 2011 que se celebrará os vindeiros 4-5 de Xuño no Campo Municipal de A Fieiteira, donde mais de 600 nenos das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín se darán cita baixo un mesmo lazo de unión: O Fútbol.
Antes da festa do fútbol, 23 equipos repartidos na categoría Alevín e Benxamín se disputarán o vindeiro domingo 29 de Maio catro plazas que dan acceso á Fase Final.
Podes seguir os resultados no noso Facebook: Copa Sálvora Fútbol Base
Grupos F.Final 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

