lunes, 6 de junio de 2011
Balaídos, O Condado e C.D Boiro, novos campeóns
O Balaídos na categoría Prebenxamín, O Condado na categoría Benxamín e o C.D Boiro na Alevín foron os campeóns da edición 2011 da Copa Sálvora de Fútbol Base.
Na primeira das finais levaríase o campeonato o Balaídos derrotando ao Condado por 0-2 nun partido moi apaixonante donde tamén saldría o Trofeo Alberto Villaverde ao mellor porteiro que recaería no porteiro do Condado Noé. Na mesma categoría o Trofeo ao Pichichi sería para o xogador do Balaídos Miguel Encisa.
Na categoría Benxamín a final enfrontaría ao Condado co Bertamiráns. O resultado final sería 1-1 e o campeonato caería para o equipo de Ponteareas na tanda de penalties. O pichichi foi para Ángel Muñiz do Bertamiráns e o mellor porteiro para Marcos Riobó do Condado.
Na categoría Alevín o Boiro impúxose na tanda de penalties, demostrando ser un equipo moi sólido, a un bo S.D Milladoiro que non lle perdeu a cara ao encontro en ningún momento . O resultado final sería de empate a 1-1, na tanda de penalties se decidiría logo dun erro dos de Ames . O pichichi da categoría foi para Carlos Silva do Boiro e o trofeo Alberto Villaverde para Anxo Fernández do S.D Milladoiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario