martes, 17 de abril de 2012

Vero Boquete, madriña da Copa Sálvora




A edición 2012 da  Copa Sálvora comeza a tomar forma. A primeira novedade de esta edición é que Verónica Boquete será a madriña da presente edición do evento.

Veronica Boquete, é natural de Santiago de Compostela  e actualmente xoga no Tyresö FF de Suecia.   No verán de 2011 fichou polo Philadelphia Independence da WPS estadounidense con quen foi nomeada mellor xogadora da liga regular e conseguiu o subcampeonato daWPS.

É internacional coa selección feminia de fútbol de España e formou parte da selección que gañou o Campionato Europeo Feminino Sub-19 da UEFA en 2004.

Vero será a abandeirada deste proxecto educativo que dende o ano 2007 se disputa a primeira semana de Xuño en Ribeira, ata donde se achegan arredor de mil nen@s de idades comprendidas entre os sete e trece anos de idade baixo un mesmo  obxectivo: O Fútbol.
 


 ¡¡¡Benvida á Copa Sálvora Vero!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario