miércoles, 2 de mayo de 2012

Copa Sálvora, Fase Previa


 Todavía quedan prazas na Fase Final categoría Prebenxamín

 ¡E ti vas a perdelo!



A Fase Previa da Copa Sálvora disputarase o vindeiro día 26 de maio. En ela competirán aqueles clubes que decidiron inscribir dous equipos por categoría pasando un de eles á Fase Final e outro á Fase Previa, e por outra banda aqueles clubes que non chegaron a tempo a reserva de plaza na Fase Final.

As inscricións  van a bo ritmo, a organización solo reservou oito prazas por categoría para a disputa desta fase, de estos oito equipos de cada categoría pasarán á Fase Final do 2-3 de Xuño os dous mellores de cada unha delas.

O cadro a día de hoxe queda da seguinte maneira:

  • Prebenxamín: Sálvora C.F "B", S.D Abanqueiro "B".Faltan 6 prazas por cubrir. 
  • Benxamín: Racing San Lorenzo, Sálvora C.F "B", E.D Val do Ulla "B", S.D Abanqueiro "B", Porto do Son C.F "B" e Rois C.D "B".Faltan 2 prazas por cubrir.
  • Alevín: S.D Catoira, S.D Pontearnelas "B", S.D Pontearnelas "C", S.D Abanqueiro "B", Sálvora C.F "B", Racing San Pedro. Faltan 2 prazas por cubrir.
Recordar que na categoría Prebenxamín Fase Final quedan prazas por cubrir, ¡ Anímate e participa!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario