martes, 22 de mayo de 2012

Presentación Copa Sálvora





Viernes 25 de maio, ás 19.30h presentarase a Edición 2012 da Copa Sálvora Fútbol Base. O lugar elexido será a aula multimedia de Ribeira, situada na Cofradía de Pescadores, ao lado da pastelería Fina, no Malecón.

Contaremos coa presencia da nosa madriña  Verónica Boquete, que asistirá ao evento o cal amadriña. Ademais levarase a cabo o sorteo e composición de grupos da Fase Final, así como o recordatorio da Fase Previa do 26 de maio.

Toda aquela persoa que o desexe, poderá asistir como público a dito eevento.

domingo, 20 de mayo de 2012

Horarios Fase Previa







Xa podedes consular na web, os horarios da Fase Previa do 26 de maio. No menú Copa Sálvora, na parte inferior podedes encontrar varios enlaces de interese para esta fase.

viernes, 18 de mayo de 2012

Fase Previa

 
 
Xa están colgados na web os horarios e grupos da Fase Previa do vindeiro 26 de maio. Tamén Tedes á vosa disposición os menús dos nosos colaboradores para a Fase Previa e Fase Final.
www.copasalvora.com
¡¡Fomenta o Deporte Limpo!!!!

jueves, 10 de mayo de 2012

Peche Definitivo de Plazas para a Edición 2012









  O C.D Boiro, foi o último equipo en inscribirse na Fase Previa da Copa Sálvora. A sú confirmación chegou no día de onte e tomará parte dos 12 equipos que intentarán acadar a Fase Final do 2-3 de Xuño.

Nos vindeiros días publicaremos o listado dos clubes que participarán nesta Edición 2012 da Copa Sálvora.

¡¡Benvido á Copa !!

miércoles, 9 de mayo de 2012

Solo queda unha praza na Copa Sálvora 2012



 Arredor de 65 clubes de toda Galicia e Portugal competirán na Copa Sálvora 2012


 Nesta edición 2012, xa están agotadas as plazas das tres categorías da Fase Final na que competirán 48 clubes en búsqueda do título en cada unha delas, recordar que esta Fase Final se disputará os vindeiros 2-3 de xuño no Estadio Municipal de A Fieiteira.

En canto a Fase Previa que se disputará o vindeiro día 26 de maio no Estadio Municipal de A Fieiteira, resaltar que solo que unha praza na categoría Alevín, o resto das prazas están esgotadas. Todos os equipos que estén interesados terán que facelo a través do email: info@copasalvora.com.

A día de hoxe contabilízanse un total de 24 equipos que disputarán unha fase moi competida, para acadar unha plaza na Fase Final de Xuño.En canto a cifras citar que arredor de 900 nenos achegaránse ata Ribeira os dous fines de semana de duración do campeonato.

Outro ano máis, a organización porá en marcha unha campaña para a sensibilizar a todos aqueles que se acheguen ao recinto das boas prácticas deportivas e abogar entre todos por un ¡¡¡¡Deporte Limpo!!!!.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Copa Sálvora, Fase Previa


 Todavía quedan prazas na Fase Final categoría Prebenxamín

 ¡E ti vas a perdelo!



A Fase Previa da Copa Sálvora disputarase o vindeiro día 26 de maio. En ela competirán aqueles clubes que decidiron inscribir dous equipos por categoría pasando un de eles á Fase Final e outro á Fase Previa, e por outra banda aqueles clubes que non chegaron a tempo a reserva de plaza na Fase Final.

As inscricións  van a bo ritmo, a organización solo reservou oito prazas por categoría para a disputa desta fase, de estos oito equipos de cada categoría pasarán á Fase Final do 2-3 de Xuño os dous mellores de cada unha delas.

O cadro a día de hoxe queda da seguinte maneira:

  • Prebenxamín: Sálvora C.F "B", S.D Abanqueiro "B".Faltan 6 prazas por cubrir. 
  • Benxamín: Racing San Lorenzo, Sálvora C.F "B", E.D Val do Ulla "B", S.D Abanqueiro "B", Porto do Son C.F "B" e Rois C.D "B".Faltan 2 prazas por cubrir.
  • Alevín: S.D Catoira, S.D Pontearnelas "B", S.D Pontearnelas "C", S.D Abanqueiro "B", Sálvora C.F "B", Racing San Pedro. Faltan 2 prazas por cubrir.
Recordar que na categoría Prebenxamín Fase Final quedan prazas por cubrir, ¡ Anímate e participa!.

martes, 24 de abril de 2012

Copa Sálvora, peche de vacantes

 A Copa Sálvora pecha as súas inscriccións da Fase Final da categoría Alevín e Benxamín.



O cadro da maior das categorías  da fase final queda da seguinte maneira: C.D Boiro, E.D Val do Ulla,S.D Abanqueiro, S.D Pontearnelas,Arosa S.C, Carreira C.F,Crocha C.F, Porto do Son C.F, La Salle C.F, Vila do Corpus, Cordeiro C.F, Balaidos C.F, C.D Rois e Sálvora C.F.

O cadro da categoría benxamín queda da seguinte maneira:  C.D Boiro, E.F Obolada,Cordeiro C.F, C.D Rois, Balaídos C.F, Vila do Corpus, Crocha C.F, Carreira C.F, S.D Pontearnelas, S.D Abanqueiro, E.D Val do Ulla e Sálvora C.F.

En canto a menor das categorías resaltar que quedan por cubrir prazas para a Fase Final.

Por último recordar que aqueles equipos que estén interesados en participar en algunha das categorías que este cuberta, o podrá facer a través da Fase Previa que se disputa o día 26 de maio e na cal quedan prazas por cubrir.